José Manuel máis preto do seu soño

Jósé Manuel opérase o próximo martes 17 en Barcelona. Esta operación non sería posible sen o apoio que está a recibir, tanto dos vecinos de Vedra como de moitas persoas e asociacións que vos puxestes a axudalo en todo o que puidestes. Grazas de parte do neno e da súa familia, se Jose ten a esperanza de volver a camiñar débevolo a vós. Irémosvos informando de como vai todo.

A partir de agora comeza o máis duro para o neno, a rehabilitación será longa e dolorosa. Seguimos contando con vós para axudalo no seu camino. Continuamos a recoller tapóns e a recadar fondos para sufragar dita rehabilitación.

Cea en favor de José Manuel o 30 de novembro

IMG-20131025-WA0001

O sábado 30 de novembro celébrase no Mesón Río Liñares, una cea na que o beneficio será donado para a rehabilitación de José Manuel. Os 25€ que custa o prato serán íntegros para o neno, xa que o Mesón faise cargo dos gastos, as entradas xa se poden reservar no teléfono que indica o cartel. Dende a coordinadora “todos con José Manuel”  queremos darlle as grazas á dona e aos seus traballadores pola solidariedade amosada con José.

Aprazamento da ruta de coches clásicos

Este domingo 10 estaba previsto realizar una ruta de coches clásicos en favor de José Manuel, organizada polo Clube de Clásicos de Rois. Pero Vémonos na obriga de aprazala temporalmente, á espera de recibir os permisos de tráfico que se están a demorar. Tan pronto estén no noso poder, poñerase una nova data na que se celebrará o evento.

Ruta Cabalar para apoiar a José Manuel

cartel ruta cabalar jose manuel

O día 3 de novembro realizarase una ruta cabalar polo Concello de Vedra, organizada xunto coa Asociación Cabalar “Río Pereiro” co obxectivo de axudar a recaudar fondos para a rehabilitación de José Manuel. Despois desta ruta, os asistentes disfrutarán dunha comida solidaria amenizada por Yadira, Hugo Torreiro, Xacobe Pérez Paz e a charanga BB+. A participación está aberta a todos @s que queirades asistir. A comida para os adultos ten un custo de 25 €, e para os nenos de 10€, dos cales una parte estará destinada a José.

Exito na exhibición de motos

jm

Moitas grazas á organización,  a Club Val do Ulla, aos veciños, á Pereira Espectáculos, e a todos os que axudaron de unha ou outra maneira a acadar o gran éxito que foi a exhibición, e sobre todo, grazas a Nelson Pina e Jaque Stunt que se xogaron o pelexo por José Manuel. Grazas aos seus esforzos conseguíronse case 1200€ para José Manuel.

Éxito da foliada solidaria

foliada1 Con_JManuel raiolo raiolo_peques

O pasado 5 de outubro celebramos a foliada solidaria en Vedra. A participación dos veciños non ten precedentes. Gustaríanos dar as grazas tanto a aqueles que doaron algúns dos seus productos ou se puxeron á nosa disposición para axudar no que fixera falla, coma aos que asistiron a disfrutar do evento. Grazas a todos vós reunimos 7.090 € neste acto, que se ingresarán na conta de José Manuel.