Eu son José Manuel

ipp

Son José Manuel, teño 8 anos e vivo en San Fins de Sales, Vedra (A coruña). A xente que me coñece di que son un neno moi alegre, que sempre teño un sorriso na boca e palabras agarimosas para todo o que me rodea, aínda que tamén din que me gusta “mandar”, pero eu non estou moi de acordo con eso.

Nacín con disparesia espástica nivel 4, un tipo de parálise cerebral que, entre outras cousas, impídeme camiñar.

Levo xa un longo percorrido por médicos especialistas e fisioterapias. Dende moi pequeño fun atendido en Atención Temperá. Axudado por profesionais e grazas aos meus esforzos, hoxe en día podo utilizar un andador para camiñar, pero as expectativas que me dan os médicos non son boas, pois, se non me opero, estarei atado de por vida a unha cadeira de rodas.

Dende fai catro anos inxéctanme cada 5 ou 6 meses toxina botulínica (vós seguramente a coñecedes por bótox) por toda a parte inferior do corpo, é moi doloroso. Agora ían comezar a poñerma cada tres e catro meses, pero cando mo dixeron tireille a miña nai pola camiseta e díxenlle: “acórdate do mal que o pasei a última vez”, polo que, de momento, suspendemos este tratamento coa esperanza de poder facer unha operación que me dará unha autonomía, que doutra forma non conseguirei nunca, e me permitirá non ter que volver a inxectarme botulina. Logo desta operación, que non está cuberta pola Seguridade Social, espérame unha longa tempada de rehabilitación.

Pero, para poder conseguir o meu soño, preciso da vosa axuda, arroupado xa pola comunidade educativa e polos veciños de Vedra, se vós camiñades comigo cada paso será unha victoria.

95 pensamientos en “Eu son José Manuel

  1. Ademáis da recollida de latas ou tapóns, hai outras formas de colaborar? como algún número de conta? aceptanse donativos en metálico ou transferencias? un saúdo e moita sorte José.

      • Non o vira, listo, estou xuntando tapóns e pronto farei unha doazón pequena pero motivarei a amigos e familia para que fagan o mesmo, e un pequeno xesto pero espero que entre todos poidamos axudarche, non é xusto que a seguridade social non o cubra, pero con queixarse tampouco arreglamos nada, moita sorte, que de seguro a terás¡¡¡

  2. Hola josé Manuel decirche q eu son veciño de vedra tamen darche todo o meu apoio para q consigas esa operación tan vital para o teu ven estar un abrazo e ánimo q xuntos veras como o consegues 😉😉😉

  3. Eu son un humilde Dj ó que lle gustaría colaborar un montón. A miña iniciativa sería recaudar todo o diñeiro que se poida gañar ese día nunha festa ben organizada para este campión. Todo o que poida facer por vós ha ser pouco. O meu número é o 664621610 e o meu nome é Xaquín. O meu máis sincero apoio e moito ánimo para enfrontarse a este reto que de seguro o vas a superar.

  4. Hola josé Manuel, mirei o teu caso,eres un valente rapaz,nunca te desesperes,podes facer moitas cousiñas,eu tamen estouche fastidiado.Pero nada ten que ver co teu caso ,se valente e sigue vivindo dia a dia nunca perdas as esperanzas.Un abrazo para os teus familiares, e outro pra ti,moi forte.

  5. hola!! eu falovos desde de mexico,pero miña familia e veciña de bamonde.non sei,para cando e necesaria facer a operación,e canto se necesita pra facela? e que de momento non hay moito que poder donar,pero falarei cos meus e a ver si entre todos podemos aportar algo.dis que o num.de conta ta no inicio? pois teredes noticias nosas.Moito amor,animo!!!

    • moitas gracias polo teu interés non só se necesita para a o peración xa que despois habrá q ir a unha clínica de rehabilitación o cal tamén e privada. Si xa puxemos unha entrada en inicio co número de conta.Moitas gracias pola colaboración. Un saúdo

  6. Hola José Manuel eres un niño muy valiente y guapo, yo soy Dolly somos de Paraguay pero vivimos aqui en Santiago ya hace 8 años y nos sentimos gallegos porque así nos hicieron sentir siempre, como en casa, tengo un niño de 8 años se llama Jeremias y le conte tu historia y miramos juntos tu foto y fué él quien me ha dicho…wow que fuerte y valiente es éste niño porque el va muchas veces al médico y se va a operar , es un campeón yo apenas voy a ponerme una vacuna y ya estoy con miedito me gustaría conocerle un dia y yo le respondí así será y seguro alguna ves te hecha una carrera y te gana porque se va poner bien con la ayuda y las oraciones de todos, sigue adelante y con fé todo es posible, un beso y un abrazote muy fuerte, lo colgaré en mi muro y compartiré con amigos para que todos pongamos nuestro aporte aunque sea poquito pero entre todos se puede mucho !!

    • Nos emocionó mucho tu comentario por los buenos deseos que tienes, ojalá fuese cierto y algún día viésemos a Jose Manuel echar esa carrera. Dile a Jeremías que si quiere conocer a Jose Manuel lo invitamos a la foliada que se está organizando para el día 5 de octubre y si decide venir que nos diga que es JEREMIAS.

  7. ANIMO CAMPEON!!!!!!Veras como poniendo todos un granito de arena conseguimos hacer la montaña. Desde el Obradoiro Anton Corral en Tui queremos colaborar contigo haciendo una aportacion en tu numero de cuenta y sobre todo decirte q te estaremos enviando energia positiva a traves de nuestra musica

  8. Ola José Manuel, podria axudar coa aportación de tapóns????, teño unha boa cantidade deles xa xuntos, pois en outra ocasión foron de utilidade para outro neno, logo xa non souben a donde mandalos pero seguímolos gardando(teño restaurante)e xunto moitos. Animo que de seguro se han de arranxar as cousas. unha aperta de enerxia positiva.

  9. Hola José Manuel!
    Primero, mandarte mucho ánimo y mucha fuerza!!! Y qué no pierdas nunca tu sonrisa que seguro que es muy bonita!
    Segundo, os habéis puesto en contacto con la ONG «Mimame Ayuda A la Infancia»?
    No lo sé pero a lo mejor ellas te pueden ayudar…
    Y tercero, intentaré colaborar todo lo que pueda con tu causa.
    Un abrazo muy fuerte!
    Juliana 🙂

  10. Ola José Manuel!! Eu axudareiche xuntando tapóns e avisando a miña familia e amigos de que os xunten tamén. Logo levarémolos a algún punto de recollida 🙂 Xa o temos feito para axudar a outros nenos e nenas. Como é o das latas?? Son latas de refresco?
    Moito ánimo campeón!!!
    Por certo, a túa cadeira de rodas é moi chula 😀

  11. Boas Rose Ramón…s escribo para darche moitos ánimos e que entre todos consegueremos o teu proposito que tamén é o noso……farei unha doazón o no número de conta que reflexas no inicio. moitos bikos ¡¡¡¡¡¡

  12. Me gustaria ayudar a este niño a conocer la felicidad y que la vida deje ser injusta con el.queria sber todas las maneras de poder ayudarlo.gracias

  13. Eu estou recollendo tapons de varios veciños, vivo nun pueblo de ourense pero meus pais viven en Os Tilos, se me dis direccion mandote todos cantos poida

  14. Hola. Son Maria e fun fisioterapeuta de Jose Manuel unha temporada n santiago. Nn creo q el se acorde d min pero eu si del, creceu moito dsd a ultima vez q o vin!! Colaborarei en todo o q sexa posible e animarei a q toda a xente o faga. Espero q todo lle saia genial e se necesitades calqer cousa tedes o meu correo. Moita sorte e un saludo.

  15. Ola José Manuel: Eu son coleccionista de tapóns desde fai tempo xa….por outros casos. Seguirei facéndoo para ti. Tamén intentarei falar coas miñas amigas/os para poder axudarche económicamente (sei do que falas porque con 5 anos unha poliomielite deixóume tocada). Deséxoche que a túa vida estea libre dunha discapacidade. Lucha porque eu sempre fun unha luchadora. Moitos bicos.

  16. Abride un numero de conta e intentaremos aportar algo, aparte de tapons, xa diredes onde volos hai que levar. Esa operacion ten que facerse!!! Animo!

  17. Hola campeón.A vida é moi inxusta pero seguro que podes con todo.Nós temos un neno de 3 aniños que poida ser teña unha enfermidade desas catalogadas raras e a S.S. non quere facerlle as probas pero seguimos loitando igual ca ti.Moita forza a eses pais e ánimo desde Milladoiro.

  18. Hola gustariame axudar no que poida eu traballo de camarera e gardo latas mais tapons para outros nenos gustariame poder facelo mismo para ti.pero gustariame saber a dnde os poido levar!un bico e seguro que todo vai a salir beeen un abrazooo guapo

  19. Jose Manuel eu son de San Miguel de Sarandon pero vivo cerquiña de Ferrol e xa estou entre amigos e coñecidos facendo saber o teu caso vamos entre todos intentar axudarche, tamen quisera saber q clase d latas necesitas…..E cada vez q vaia d visita por Vedra xa m acercarei a farmacia de Oscar e deixoas….Tamen quereche dar moito animo xa veras como t vamos ver correr cos teus compis…..Un biquiño moi grande

  20. Hola!! Fai moito tempo que xunto tapóns, poque non me custa nada e sempre lle serven a alguén, a partir de agora van para José.

    Eu son seguidora do Obradoiro e os días dos partidos, véndense moitas bebidas e non che deixan os tapóns, sería bo falar con eles para que os poidan gardar. Supoño que o mesmo pasa nos partidos de Santiago Futsal e tamén no Estadio de San Lázaro para ver o Compos. Moita sorte.

  21. Hola José Manuel, hoxe vin o teu caso na tvg e emocionoume moito, desexo que poidas facer esa operación e que todo saia ben, eu aportarei o meu graniño de area.
    Mantén sempre ese sorriso tan fermoso!!!!
    Un biquiño, guapo.

  22. Hola!!! Hoxe vin o teu caso no Telexornal e tanto eu como os meus pais, qdamos abraiados contigo, por esa forza que tes. Estudiei para educadora especial e todos estos casos tocanme moito a miña fibra sensible, pero o teu caso conmoveume moito mais, xa q me emocionou moito as tuas palabras, cando dixeches q o primeiro q farias cando poideras camiñar seria xogar cunha pelota. Desexoche de todo corazon que poidas cumprir ese soño e desexo tamen que unha das seguintes veces q saias no telexornal sexa para q todos vexamos q lograches facer esa operacion.nunca deixes de sorrir e segue con ese espiritu alegre q tes.

    A miña aportacion chegarache maña, xq sera a primeira cousa q faga cando saia da casa.

    un abraciño forte

  23. Hola escribo para ademais de darlle animos a jose e a toda a familia queria pedirvos permiso para colocar uns carteles cerca dos contenedores de plastico para que mais xente os vexa e colabore. E moi duro ver tapons e latas no contenedor e saber q a jose lle valen moito.

  24. animo jose manuel ahora k xa sei ken eres ainda vou facer mais por recoller un mundo de tapons sa estaba pedindo por todolos lados tapons pero agora ainda con mais ganas un abrazo forte ah eh chamademe en canto poidadesk kero comentarche una cousiña teléfono 686058183ahora pola mañan a calkera hora vale

  25. Hola josé Manuel: Deseo q entre todos hagamos realidad tu sueño de caminar, y quiero saber si en Silleda hay algún punto de recogida para q poder ayudate. Entre todos podemos! mucha suerte porque te la mereces.

  26. A miña filla ten unha tenda en Bertamiráns, e de produtos ecolóxicos , comercio xusto e estará encantada de colaborar no que poida. Dinos como facemos para recoller latas e tapóns. A tenda chámase Cousas da terra . Un bico grande .

  27. Aconsellovos abrir unha conta Paypal, a moita xente bótalle para atrás ter que facer unha transferencia e con paypal e moi sinxelo ata pagar con tarxeta. Ademáis creo que se é unha doazon as comisións son moi baixas e sempre as pagaredes vos cos cartos doados e non o doanfe. Unha aperta.

  28. Hola ya os escribí anteriormente. El super está en Codesedas- Figueiras- Santiago de Compostela y se llama autoservicio Recarey. Tengo una caja para latas y otra para tapones. Muchísima suerte y ánimo. En lo que podamos ayudar aquí estamos

  29. Todo-los ANIMOS do mundo,non deixes de pelexar,e non deixes o sorriso que axuda a atoparse mellor vouche axudar en todo o k humildemente poida,cos tapons,latas,todo,e según poida coma vivo na Coruña eime de acercar por alguna asociación,sobor de todo mue irman que ten «Crohn»e esta metido nelas.veña viquiños e para diante,xa veras coma as xogar o futbol no cole…..saudos compi!!!!

  30. Pingback: Tapóns solidarios que podemos recoller |

  31. Hola,
    Desexando que a nosa pequena doazón poida axudar en algo. Animo a ti e a tua familia.
    Unha moi forte aperta dena Suiza agardando verte caminhar deseguida.

  32. Pingback: Eu son José Manuel

  33. Pingback: Os Irmandinhos únense a recollida de tapóns solidarios para Jose Manuel |

  34. Hola jose Manuel eu son de Cuntis..eu axudoxe na recolecta de tapons…xa teño unha caixa chea..donde podo deixarche os tapons para que os poidas recoller?? Moito animo e paciencia que veras que entre todos acabaras podendo kamiñar como os teus colegas d clase…bikos

Replica a todosconjm Cancelar la respuesta